Ofertas de emprego: 4 peóns de limpeza e desinfeccións de baños de praias (COVID-19) e 6 socorristas

15-06-2020

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral 

temporal, con carácter de urxencia, mediante oposición, de catro peóns de limpeza e desinfección de baños nas praias de Abrela e Xilloi e outras zonas de risco en praias do municipio, relacionadas coa implantación de medidas extraordinarias por mor da pandemia do COVID 19, a xornada completa, durante a tempada de verán / 2020.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase mañá día 16 de xuño e  remata o próximo día 22 de xuño de 2020. Realizándose o proceso de selección o día 23 de xuño de 2020, a partir das 11:00 h. na Casa consistorial.

Por outra parte, o Concello do Vicedo presentou a correspondente oferta para a contratación de 6 SOCORRISTAS, subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019. Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego, e carecer de ocupación según informe de vida laboral, tanto no momento da selección como no da incorporación.
 
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local 

Pode consultar as bases de selección no seguinte enlace:
 http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: