Publicadas listas de admitidos/excluídos para probas de selección de brigada de incendios

19-06-2020

No día de hoxe, 19 de xuño de 2020, publícanse as seguintes listas de admitidos/excluidos provisionais, que no caso do xefe de brigada e dos condutores motobomba elévanse a definitivas por non haber candidatos/-as excluidos:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 3 Condutores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

As persoas que aparecen como excluidas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe (sin contar sábados, nin domingos, nin festivos), é decir, os días 22 e 23 de xuño. O día 25 de xuño, a máis tardar,  publicarase a lista definitiva dos condutores motobomba, o resto de listas xa se elevaron a definitivas por non haber excluidos.

Por outra parte, fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas, que serán:

* Para os condutores-motobomba:

- A proba de esforzo realizarase o día 26 de xuño, a partir das 12:15 horas, na clínica FOUZ de Viveiro. Os resultados se publicaran a máis tardar ás 15:00 horas do día 29 de xuño no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

- Os candidatos que superen a proba de esforzo deberán presentarse para continuar coas seguintes fases do proceso de selección, que terán lugar a partir das 10:00 horas do día 30 de xuño de 2020, na Casa da Cultura do Vicedo, continuando nos días sucesivos, á mesma hora e no mesmo lugar, no caso de non cubrirse o total de postos de traballo convocados ou de non rematar as probas de selección no día arriba indicado.

* Para o xefe de brigada, peón-condutor e os 3 peóns da brigada de incendios:

- A proba de esforzo realizarase o día 22 de xuño,  a partir das 12:15 horas, na clínica FOUZ en Viveiro. Os resultados publicaranse a máis tardar ás 15:00 horas do día 25 de xuño no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

- Os candidatos que superen a proba de esforzo deberán presentarse para continuar coas seguintes fases do proceso de selección, que terán lugar a partir das 10:00 horas do día 26 de xuño de 2020, na Casa da Cultura do Vicedo, continuando nos días sucesivos, á mesma hora e no mesmo lugar, no caso de non cubrirse o total de postos de traballo convocados ou de non rematar as probas de selección no día arriba indicado.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

Compartir: