Ofertas de emprego: Limpador/-a a xornada completa e administrativo/-a

24-09-2020

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada completa, por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición iniciase mañá día 23 ata próximo día 2 de outubro de 2020, realizándose o proceso de selección o día 5 de outubro partir das 10:00 horas na casa consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

 Por outra banda, están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: