Axudas municipais para transporte escolar

30-09-2020

Infórmase a veciños/-as que está aberto o prazo para a solicitude das Axudas Municipais para transporte escolar (2019/2020) do ensino non obrigatorio segundo as bases publicadas no BOP 225 de 30 de setembro de 2020 no Taboleiro de Anuncios do Concello.

Para maior información deben presentarse nas oficinas municipais aportando a seguinte documentación:

-Solicitude (a disposición no Concello)

-Fotocopia do DNI do solicitante debidamente cotexada

-Certificación bancaria da conta corrente do interesado

Para alumnos da universidade:

-Fotocopia cotexada da matrícula.

-Extracto do expediente universitario ou certificación de terse presentado como mínimo ao 50% das materias correspondentes ao curso 2019/2020.

Para alumnos de Bacharelato ou FP:

-Boletín de cualificacións ou certificación académica ou certificación de terse presentado como mínimo ao 50% das materias correspondentes ao curso 2019/2020

O PRAZO DE SOLICITUDES REMATA O 30 DE OUTUBRO DE 2020

Compartir: