Ofertas de emprego: Administrativo/-a e Auxiliar de axuda no fogar

01-10-2020

No BOP de Lugo de hoxe día 01/10/2020 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 2 de outubro de 2019 ata o día 13 de outubro de 2020 (por ser os días 11 e 12 inhábil).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop , https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Por outra parte, están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 22 de outubrp, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 02 e remata o día 13 de outubro de 2020. A selección realizarase o día 14 de outubro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: