Oferta de emprego: Operario servizos múltiples

08-10-2020

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 28 de outubro, e cunha duración de seis meses.

O prazo de inscrición queda aberto desde  mañá día 09 ata o día 19 de outubro de 2020. A selección realizarase ese mesmo día 20 de outubro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: