Ofertas de emprego: Auxiliar de Axuda a domicilio e auxiliar administrativo (para Servizos Sociais)

13-10-2020

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de novembro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición comenza mañá día 14 e remata o día 23 de outubro de 2020. A selección realizarase o día 26 de outubro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Por outra banda, están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, a xornada completa, con adscrición aos servizos sociais municipais do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 2 de novembro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 14 e remata o día 23 de outubro de 2020. A selección realizarase o día 26 de outubro, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: