Música e Teatro para o fin de semana

14-12-2020

Esta semana...música e teatro. Continúan as actividades sociocultuais dentro deste contexto de pandemia pero demostrando que a cultura é segura. O sábado 19 ás 19h o espectáculo musical "Un verso, un cantar", a cargo da Compañía Queiman e Pousa, onde se interpretarán en directo temas galegos tan coñecidos como Chove en Santiago, Camariñas, Catro Vellos Mariñeiros, entre outras.
E o domingo ás 19h volve o teatro coa representación de "Cousas de Bares" a cargo da compañía Lume Escénico, da Pontenova. Os dous espectáculos son gratuitos e estarán limitados pola normativa COVID-19 a 60 persoas. #culturasegura
Compartir: