Oferta de emprego: Peón recollida de lixo

22-02-2021

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 23 de febreiro e remata o 04 de marzo de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 5 de marzo de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: