Oferta de emprego: Limpador/-a a xornada parcial

08-03-2021

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/A a xornada parcial (96,66%), por un período de 6 meses, e con data de inicio prevista 30 de marzo de 2021.

O prazo de inscrición iniciase mañá día 09 ata próximo día 18 de marzo de 2021, realizándose o proceso de selección o día 22 de marzo de 2021, partir das 10:00 horas, na casa consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Compartir: