Oferta de emprego: Auxiliar de axuda no fogar

10-05-2021

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 01 de xuño, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é desde o día 11 de maio de 2021 e ata o 20 de maio de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 21 de maio de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: