Xornada de promoción da Biblioteca do Vicedo

10-05-2021

Nun ano tan especial queremos celebrar tanto as letras galegas como o Día do Libro Infantil como o Día das Bibliotecas nun só día aproveitando tamén para dar a coñecer as novidades na Biblioteca do Vicedo.
Será o venres 14 de maio ao longo da tarde na biblioteca e alí expediremos o voso carné de biblioteca (gratuito), que xa levaredes para a casa, e que vos servirá tanto para a do Vicedo como para calquera Biblioteca da comarca e do resto de Galicia.
Poderedes ver tamén a gran cantidade de libros adaptados á vosa idade, e que poderedes levar prestados á casa. Ademais, haberá un pequeno agasallo para cada neno/nena que se pase por aquí.
Animádevos a ser socios e disfrutar das vantaxes da biblio!

Compartir: