Oferta de emprego: 8 peóns de protección do ambiente e espazos naturais

18-05-2021

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 8 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 10 de xuño e a de finalización o 09 de setembro de 2021.

O prazo de solicitude comenza o día 19 de maio e remata o día 31 de maio de 2021. A proba de selección realizarase o día 01 de xuño de 2021, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
  
 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Compartir: