Oferta de emprego: Auxiliar de Axuda no Fogar

25-05-2021

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de xuño, e por un período de tres meses.

O prazo de inscrición é desde o día 26 de maio de 2021 e ata o 07 de xuño de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 08 de xuño de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: