Oferta de emprego: tres peóns, un xefe de brigada e un peón-conductor para brigada de incendios e 3 conductores motobomba,

02-06-2021

No BOP de Lugo do 02/06/2021 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2021:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe de brigada para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Condutores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

O prazo de solicitude estará aberto desde o día 03 de xuño de 2021 ata o día 14 de xuño de 2021 (por ser inhábil o último día de prazo).

Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace:   https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)

Compartir: