Publicada lista de admitidos/excluidos provisional para probas de brigada incendios e condutor motobomba

16-06-2021

No día de hoxe, 16 de xuño de 2021, publícanse as seguintes listas de admitidos/excluidos provisionais, que no caso do peón-condutor e dos tres peóns da brigada elévanse a definitivas por non haber candidatos/-as excluidos:
 
-  3 peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Condutores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.
 
As persoas que aparecen como excluidas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe (sin contar sábados, domingos nin festivos).
 
Por outra parte, nas listas fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas.
 
Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)
 

Compartir: