Bases axudas a traballadores autónomos/-as e microempresas para facer fronte aos efectos derivados da COVID-19 convocadas polo Concello do Vicedo

30-06-2021

FINALIDADE: facilitar medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial do Concello do Vicedo, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, no ano 2020, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.

TIPOLOXÍA E CUANTÍA DAS AXUDAS: hai dúas modalidades de axuda, incompatibles entre sí, no caso de ter dereito as dúas, deberán elexir unha delas.

Axudas Tipo I: autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada por algún dos peches de establecementos dispostos nas correspondentes normativas ao longo do ano 2020  no RD 463/2020, de 14 de marzo, modificado polo RD 465/2020, de 17 de marzo, e sucesivos.

Contía da axuda: ata 1.000 euros.  No caso de actividades de tempada percibirán unha axuda proporcional aos meses de apertura.

Axudas Tipo II: autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada de xeito parcial por ter reducido a súa facturación en alomenos un 50 % respecto do promedio facturado no ano anterior á declaración do estado de alarma mediante o RD 463/2020, de 14 de marzo.

A baixada da facturación calcularase de forma xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

Contía da axuda: ata 1.000,00 euros. No caso de actividades de tempada percibirán unha axuda proporcional aos meses de apertura.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS/-AS:

Con carácter xeral, os beneficiarios/-as das axudas, deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Contar cun establecemento permanente directamente afecto á actividade no Concello do Vicedo, ou ter o domicilio fiscal no Concello do Vicedo e non dispoñer de local en ningún outro concello distinto do Concello do Vicedo.

- Non atoparse incursos/-as en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, coa CCAA de Galicia, coa Tesorería Xeral da Seguridade Social e co concello do Vicedo. No caso de que o solicitante tivese concedido un aprazamento ou fraccionamento no pago de débedas coa AEAT, a ATRIGA ou a Seguridade Social, e o Concello do Vicedo, deberase presentar a resolución de concesión do mesmo xunto co último certificado de carecer de débedas posterior á concesión do dito aprazamento.

Para as axudas tipo I: persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA), nos réximes especiais agrarios ou do Mar ou microempresas,  cuia actividade se vise afectada por algún dos peches establecidos na correspondente normativa, RD 463/2020, de 14 de marzo, e sucesivos.

Para as axudas de tipo II: persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA), nos réximes especiais agrarios ou do Mar ou microempresas constituidas, e con actividade anterior ao 14 de marzo de 2020, data na que entra en vigor o RD463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma.

- Cumprir coas obrigas establecidas nas bases.

 PRAZO DE SOLICITUDE: do 1 ao 30 de xullo de 2021.

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do  Concello do Vicedo, ou pinchar no seguinte enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (en caso de non poder visualizar as bases pinchar no + que hai na parte dereita do apartado taboleiro de anuncios)

Compartir: