Oferta de emprego de 3 peóns forestais. Programa APROL RURAL

30-06-2021

A Consellería de Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 3 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 30 de xullo de 2021, ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2021 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2021.

Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace para consultar as bases: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
Compartir: