Oferta de emprego

27-09-2016

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para contatación laboral temporal, con carácter urxente, mediante concurso oposición, dunha auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (35 horas semanais). Data de inicio prevista: 14 outubro e por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición remata o 5 de outubro ás 9:30h. A selección será ese mesmo día ás 10h na Casa Consistorial.

Máis información e inscricións na oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local na Casa da Cultura.

Compartir: