No curso académico 2015-2016

Convocadas as axudas de transporte ao alumnado do Concello do Vicedo que realiza estudos fóra do termo municipal

17-10-2016

Publicadas no BOP nº 238 de 17 de outubro as bases reguladoras para a convocatoria de axudas de transporte. Os beneficiarios son os xoves do Concello do Vicedo que estean cursando bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, exceptuando os realizados on-line.

Os requisitos son estar empadroado e residir no Concello o beneficiario, ou seu pai ou nai e, no seu caso, o titor, con 6 meses de anterioridade á data de solicitude e figurar matriculado no curso académico 2015-2016 en centro de ensinanza financiados con fondos públicos.

As axudas van en función dos kilómetros e oscilan entre os 120 e 250 €

O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de novembro.

Descarga aquí as bases

Compartir: