Peón de servizos múltiples e administrativo

2 ofertas de emprego

25-10-2016

Están expostas no taboleiro de anuncios as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso oposición dun/dunha administrativo/-a,  a xornada completa desde o 15 de novembro de 2016 ata o 30 de outubro de 2017. O prazo de inscrición remata ás 15h do 3 de novembro.  A selección será o 8 de novembro ás 10h na Casa consistorial.

Tamén están expostas as bases para un /unha operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao servizo de obras do Concello desde o 15 de novembro de 2016 ata o 30 de outubro de 2017

O prazo de inscrición remata ás 15h do 3 de novembro e a selección realizarase o 7 de novembro ás 10h na Casa Consistorial.

Toda a información en: http://empregovicedo.blogspot.com.es/

Compartir: