Xa se pode descargar en App Store e Google Play

Nova app e web sobre sendeirismo no Vicedo

17-11-2016

Xa se pode utilizar a nova aplicación para smartphones destinada a facilitar  a preparación de calquera das 2 rutas de sendeirismo homologadas pola Federación Galega de Montañismo neste concello, a PR-G 156 e a PR-G 8, que percorren, respectivamente, a costa do Vicedo e o tramo Morgallón a Río Sor. 

Trátase dunha app moi práctica tanto para a preparación da ruta como se xa se está realizando a camiñata, xa que se pode atopar información de servizo como todo tipo de servizos interesantes para os sendeiristas como fontes, pavimentación, pendentes, accesibilidade para bicicletas ou non así como a información exhaustiva de todo tipo de comercios e negocios de hostelería e de todo tipo que tamén poden resultar de interese á hora de preparar a visita a estas rutas. Xa se pode descargar na APP Store e en Google play e tamén hai unha interesante versión web: www.elcaminoentumano.com

Compartir: