Presentacion web portal cidadán e portal turístico

16-12-2015

Captura do portal cidadán do Concello do Vicedo

O xoves 7 de xaneiro ás 7 da tarde presentaranse na Casa da Cultura as novas webs municipais. Son o portal cidadán e o portal turístico. Ao acto asistirán tanto responsables municipais como técnicos e tamén un representante da empresa que se encargou do deseño e posta en marcha das webs.

O acto é aberto ao público e nel poderán ver as novas características das webs, con especial incidencia na parte turística, que vai ser un referente para a promoción turística da zona.

Compartir: