C / Travesía da Mariña, 57, . 27860. O Vicedo. Lugo.
+(34) 982 59 00 29 / 982 59 00 01
05-01-2016
Unha actuación anterior deste grupo
O grupo de danzas infantil do Vicedo actúa o domingo 17 de xaneiro a partir das 17horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. As nenas do Vicedo non actuarán soas, xa que as acompañarán outros grupos da zona tamén integrados por nena e xóvenes da comarca.
Con esta actividade rematan as actividades do nadal (xa que este festival ía ser nun principio a comezos do mesmo pero tivo que ser aprazada) e xa comezan a traballar os nenos e nenas no antroido que se vai achegando.