Operario de servizos múltiples

Oferta de emprego

05-04-2017

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao colexio público do Vicedo e outros servizos municipais, por un período de 6 meses a contar a partir do 28/4/2017

O prazo de inscrición remata ás 15h do 17 de abril e a selección será o 19 de abril ás 10:30h.

Compartir: