Campaña de concienciación sobre retirada de excrementos das mascotas

05-01-2016

Un dos carteis colocados

Durante decembro e xaneiro estase a realizar unha campaña de concienciación para os veciños e turistas que teñen mascotas  para que recollan os excrementos que aparecen día tras día nas rúas.

Trátase dunha cuestión de civismo que ademais agora pode ser sancionado dacordo coa ordenanza reguladora da tenza, defensa e custoria dos animais de compañía, publicada no BOP número 112 do martes 19 de maio de 2015. A campaña consiste na pegada de carteis polas principais rúas do Vicedo, que son as principais afectadas pola aparición de ditos excrementos, apelando ao civismo dos usuarios así como da posibilidade das correspondentes sancións.

Descargas

Compartir: