Oferta de emprego: 2 educadores/-as infantís

04-07-2017

Están expostas no taboleiro de anuncios do Concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de 2 educadores/-as infantís, para o Punto de Atención á Infancia do Vicedo, desde o 11 de setembro ata o día anterior ao inicio do seguinte curso escolar 2018/2019.

O lugar de presentación será no rexistro de entrada do Concello de O vicedo e o prazo de presentación  comeza o 5 de xullo e remata o 14 de xullo.

Poden consultar as bases e conseguir a documentación e impresos pinchando no seguinte link: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Compartir: