Obradoiros da Escola Galega de Saúde da Xunta de Galicia

Celebraranse en 2 xornadas na Casa da cultura

15-01-2016

O 19 e o 26 de xaneiro celebraranse 2 obradoiros impartidos por persoal da Escola Galega de Saúde da Xunta de Galicia. Concretamente o día 19 en horario de 16h30 a 19h30  será impartido o obradoiro de terapia ocupacional infantil. Hai que inscribirse na Casa da Cultura, na oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, no teléfono 982590195. Entregarase certificado acreditativo ás persoas que asistan ao obradoiro.

Por outra banda, o día 26 de xaneiro entre as 17h e as 20h será impartido o obradoiro de alarma nos trastornos do comportamento alimentario, as condicións de inscricións son as mesmas que no anterior.

Compartir: