Salón de Actos

Contamos cun gran salón de actos composto por un escenario de 73 metros cadrados e 238 butacas distribuídas entre o patio de butacas e o anfiteatro.


O salón é o lugar de representación de obras de teatro, festivais, reunións de asociacións, en definitiva, un punto céntrico de ocio.

Conta cos servizos habituais para un salón destas características e dispón de camerinos na planta soto con acceso directo desde a parte traseira do escenario.

Compartir: