Comezan as representacións teatrais deste outono no Vicedo. Nesta ocasión será o grupo de teatro Axóuxeres, de Foz, presentando a obra «Cousas de Mulleres». Será o sábado 15 de outubro ás 20h. Trátase dunha historia de tres mulleres, cos seus problemas, loitando contra o mundo e ata consigo mesmas, mulleres ás que o destino une por unha casualidade e que, sen pretendelo, acaban convertíndose en grandes amigas. Esta obra busca elevar os ánimos con humor, xa que a unión fai a forza e non hai problema que non teña solución. Entrada gratuita.