Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN-CONDUTOR baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución (cubrir vacacións e outros descansos), a xornada completa, desde o próximo día 3 de xullo de 2023.
O prazo de inscrición comenza mañá día 14 e ata o 20 de xuño de 2023, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 21 de xuño de 2022, ás 12:30 horas, na Casa de Cultura do Vicedo.
Tamén están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal, para a aula CEMIT.
O prazo de inscrición comenza mañá día 14 de xuño e finaliza o 23 de xuño de 2023, realizándose o proceso de selección o día 26 de xuño de 2023, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board