O servizo de urbanismo está situado na casa consistorial e ofrece os seguintes servizos e funcións:

  • Informar da calificación urbanística de parcelas para particulares, empresas, etc.
  • Realizar o seguimento das obras e proxectos ao longo do municipio e controlar a súa axeitada execución.
  • Realizar inspeccións, visitas de obras, comprobacións de licenzas de edificación e replanteos
  • Redacción de informes técnicos para a tramitación de licenzas e expedientes.
  • Emisión de informes, propostas de resolución, estudos, estatísticas, memorias e outros documentos.

Xa se pode consultar cunha nova ferramenta online o planeamento urbanístico do Concello de O Vicedo. A través deste visor móstrase a modo informativo o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de O Vicedo e a súa afectación na cartografía catastral.

Pode consultarse en https://arcg.is/0L0Czv