O Concello do Vicedo realizou as actuacións “Mantemento e mellora dos accesos a Serantes e ó Covelo (Ruño)” e “Acondicionamento de vías públicas municipais en Valdesuso e Carrexas, parroquia de Santo Estevo do Val”.
As actuacións foron cofinanciadas polo Concello do Vicedo e pola Excma. Deputación Provincial de Lugo con cargo ó Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022.