O Concello de O Vicedo organiza un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente.
O proxecto ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 221 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de O Vicedo.
Ademais, Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “construíndo conciencias”, que é o que se vai celebrar en O Vicedo, concretamente no Teleclube de Riobarba o sábado 20 de abril ás 17h. A actividade consistirá na proxección do documental “Galicia Latente” + coloquio sobre os retos da cultura galega.