Organízase unha viaxe a Xuvenlugo, no recinto feiral de Lugo, para o domingo 28 de decembro en horario de tarde (saíndo ás 14:45 do Vicedo e regresando ás 20h de Lugo para chegar aproximadamente ás 21:30h a Vicedo.
Como todos estes anos a entrada e viaxe é gratuita para os nenos e nenas do Vicedo e as súas familias, tamén para nenos que teñan avós no noso municipio. Ademais, se queren levar algún amigo que non teña relación co municipio do Vicedo, deberán pagar 7€ por persoa.
Anotacións no 982 59 01 95 ou na propia Casa da Cultura.