Ao abeiro da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 22 de maio de 2026, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, para este ano 2026 o Concello do Vicedo contratou un empregado de bibliotecas e arquivos (axudante non titulado), con adscrición ao Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Concello do Vicedo, durante nove meses, a xornada completa, co obxectivo de mellorar a cualificación das persoas mozas para que adquiran as competencias profesionais e técnicas necesarias. O resultado que se pretende acadar é a mellora da súa empregabilidade e a integración sostible no mercado de traballo.


