Os Servicios Sociais comunitarios Realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ó conxunto da poboación dun ámbito xeográfico determinado ( concello do Vicedo) e teñen como principal obxectivo promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de todos os cidadadans .É o nivel básico de actuación, denominado como a “porta de entrada” ó Sistema. Regulados segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servizos sociais de Atención Primaria

Os Servicios Sociais de atención primaria do concello do Vicedo están formados por unha Unidade de Traballo Social (U.T.S.), atendida por una Traballadora Social.

Con apoio dunha auxiliar administrativa.

FUNCIÓNS OU ACTIVIDADES:

1.- TRABALLO SOCIAL DE ZONA

. Proxecto e información, orientación e asesoramento: É a entrada fundamental dos servizos sociais, onde se reciben as demandas persoais, familiares e de colectivos. A través deste programa, os cidadáns e grupos do concello reciben unha axeitada información e asesoramento sobre os seus dereitos e os recursos sociais aos que poden acceder no seu marco territorial ou extraterritorial, ao mesmo tempo que reciben apoio técnico en canto á solución das situacións que se presenten.

  • Atención o usuario do servizo
  • Información dos recursos
  • Tramitación de prestacións económicas
  • Valoración dos casos presentados
  • Reunións cos distintos profesionais dos programas
  • Contacto con outros Servizos Especializados
  • Programación e avaliación dos Servizos Sociais Comunitarios
  • Tramitación para o desenvolvemento da lei de dependencia

2.- PROGRAMA DE FAMILIA E CONVIVENCIA

  • Proxecto , desenvolvemto e coordinación do Servizo de Axuda no Fogar, axudas técnicas…
  • Teleasistencia
  • Punto de atención á infancia

3.- PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL

  • Xestión do reparto de alimentos excedentes da U.E. en colaboración co banco de alimentos
  • Axudas Emerxencia Social Risga

4.- PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN SOCIAL

  • Vacacións Imserso
  • Termalismo social Imserso
  • Termalismo Deputación Provincial
  • Organización das xuntanzas interxeneracionais no concello
  • Colaboración asociación alzheimer de Viveiro
  • Turismo Rural
  • Fomento do asociacionismo

5.- TRAMITACIÓN DE SUBVENCIONS

  • Subvención de Igualdade
  • Plan concertado de Servizos Sociais-Atención Primaria
  • Punto de Atención á infancia