Actividade de animación á lectura para o mércores 30 de abril ás 17h. Trátase dunha actividade de animación á lectura pertencente ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia xunto co Concello de O Vicedo. O espectáculo chámase “Historias Fabulosas coa maxia”, a cargo da compañía 2 Minds Combined, que xa estiveran aquí fai 2 anos cun obradoiro de globoflexia.
Entrada gratuita.