Avelaíña Teatro presenta “Almas na Gloria:D. Paco” o 1 de novembro ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo

Cumpridos trece anos do seu pasamento, a Real Academia Galega acordou dedicarlle o día das Letras Galegas do ano 2023 a quen foi o creador desa efeméride, D. Francisco Fernández del Riego´

Os amigos de D. Paco: Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Enrique Peinador, Fermín Penzol e Manuel Gómez Román acompañan a D. Paco del Riego na súa apoteose de elevación ao retablo dos Galegos Ilustres.

No encontro rememoran: a súa mocidade universitaria no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista; o drama do golpe de estado; e o impulso de D. Paco na galeguización da Real Academia Galega; na creación de institucións importantes como a Editorial Galaxia, O Día das Letras Galegas e Casa Galega da Cultura, así como a recuperación de Álvaro Cunqueiro para a literatura galega.

Feitos todos eles polos que é solemnemente laureado.