Ao abeiro de dito convenio, e co obxecto de desenvolver accións de prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2025-2026, realizaronse actuacións de tratamentos preventivos de xeito mecanizado durante esta anualidade 2025. Segundo o programa de actuacións aprobado, os traballos a realizar de prevención de incendios realizaranse en vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal, ou zonas de servidume de camiños e valgadas dentro das zonas de xestión de biomasa, nas distintas parroquias, segundo o seguinte desglose:

 

Parroquia

Superficie en hectáreas

O Vicedo

11,20

Negradas

13,70

San Román

9,14

Suegos

6,04

Riobarba

15,17

Mosende

2,27

Cabanas

12,81

TOTAL

70,33 hectáreas

 

A axuda para a realización dos tratamentos preventivos mecanizados é de 350 euros/hectárea, para un máximo de 70 hectáreas, e está cofinanciada parcialmente polo fondo Feader nun 80% .

Obxectivos e resultados: conseguir realizar actuacións de prevención de incendios forestais nun total de 70,33 hectáreas, segundo o plan de traballo aprobado.