Hoxe é o día das bibliotecas e aproveitamos a efeméride para anunciar a creación dun Clube de Lectura no Vicedo. Os participantes reuniranse unha vez ao mes para comentar un libro que lles será prestado polo Clube de Lectura e comentarán as súas sensacións sobre a obra, se gustou ou non, a temática, a forma en que foi escrito, etc. Unha ocasión para aprender uns de outros e ver as distintas formas de interpretar un libro.
En principio vai haber unha reunión inicial informativa a posibles interesados para explicar as características do Clube de Lectura, decidir día e hora de celebración das reunións, etc, non implica que vaia quedar ese día da semana nin esa hora. Animámosvos a participar, probar e seguro que vos gusta.