O servizo de Cultura do Concello de O Vicedo está baseado tanto nas instalacións culturais ben dotadas na Casa da Cultura (Biblioteca Municipal, Salón de Actos, Sala de Exposicións, Aulas multiusos…) e o anexo Edificio Multiusos como nunha programación estable ao longo de todo o ano onde predomina o teatro (tanto afeccionado como profesional), música, actividades infantís e de difusión da lectura, etc.

Ademais, calquera asociación ou colectivo local pode dispoñer das instalacións municipais previa solicitude no rexistro municipal e, así, constitúe un auténtico punto de encontro para os veciños e visitantes do noso municipio.