Ao abeiro da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 13 de agosto de 2025, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027 (nun 60%), o Concello do Vicedo contratou unha empregada de bibliotecas e arquivos (axudante non titulado), con adscrición ao Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Concello do Vicedo, durante nove meses, a xornada completa, co obxectivo de proporcionarlle a esta persoa unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa posterior inserción laboral, conseguindo así mellorar a empregabilidade deste colectivo.


