Mar 7, 2022 | Actualidade, Axenda

Volve o teatro á Casa da Cultura. Unha actividade moi especial porque se trata dunha iniciativa do Concello de O Vicedo e o grupo afeccionado de Madrid La Escucha Teatro. Por medio desta iniciativa o grupo visitará o noso Concello e representará a obra “Absurda Realidad” o sábado 26 de febreiro ás 19h na Casa da Cultura do Vicedo (entrada gratuita). Unha experiencia seguro enriquecedora para todos porque nos poderemos aproximar á obra dun grupo de teatro afeccionado de Madrid, coas súas propias características, e para eles porque, ademais de actuar, visitarán toda a comarca aproveitando eses días do antroido.