Oferta de emprego: auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa “Reforzo do emprego 2023”

Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: “Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023”, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscrición será de 8 días naturais contados a partir de dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:

 https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

https://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/reforzo_emprego/listaxe_postos