Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha limpador/a casa da cultura e outros, a xornada parcial, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 30 de setembro de 2022, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.
O prazo de inscrición comeza o día 05 de setembro de 2022 e remata o día 12 de setembro de 2022.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0