Están expostas na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello as bases de selección do alumnado-traballador para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado “Terras do Sor VIII” e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. O número de alumnos/-as participantes é de 20: 10 para a especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e 10 para as especialidades de traballos de carpintaría e moble e aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e mob

Publicadas as bases no BOP de Lugo de hoxe día 23/06/2025, e expostas na sede electrónica e no taboleiro de edictos municipal,  para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  limpador/-a, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

O prazo de inscrición é de oito días naturais a contar a partir da publicación do anuncio no BOP, polo tanto, comeza o día 07 de maio de 2026 e remata o día 14 de maio de 2026.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0