Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a selección, mediante concurso – oposición, do personal laboral temporal brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de incendios 2024

– 1 xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais;

– 1 peón – condutor de prevención e defensa contra incendios forestais;

– 3 peóns de prevención e defensa contra incendios forestais.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábies a partir do seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.