NOTA: No seguinte enlace poden consultar a resolución de cambio da data da selección de peón – condutor con adscrición ao servizo municipal de limpeza e mantemento do concello do Vicedo   https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Nova data: o día 24 de xuño de 2024, a partir das 12:30 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN-CONDUTOR baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución (cubrir vacacións e outros descansos), a xornada completa, dende o próximo día 1 de xullo de 2024.

O prazo de inscrición comenza mañá día 14  e ata o 20 de xuño de 2024, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 21 de xuño de 2024, ás 12:30 horas, na Casa de Cultura do Vicedo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0