Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 5 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, durante tres meses.
O prazo de solicitude comenza o día 20 de xuño e remata o día 26 de xuño de 2023. A proba de selección realizarase o día 27 de xuño de 2023, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
Por outra banda, no BOP de Lugo de hoxe día 19/06/2023 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2023:
– Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
– 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
– 1 Xefe de brigada para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board